Club de lectura As Catro Esquinas Do Quinto
  Lendo nas estrelas
 

LENDO NAS ESTRELAS


O día 29 de maio do 2009, os alumnos deste club fomos a unha excursión á aula da natureza de Oira, a ver as estrelas.
Saimos da Valenzá ás 21:35 (si, chegaron cinco minutos tarde), e antes de chegar ao noso destino final, fomos ata a Avenida de Zamora e ata a Alameda. Ían connosco Almudena, Begoña e Paloma, ás que despois se lles uniron Isabel, Alejandro, e a rapaza que o acompañaba.
Chegamos a Oira pasadas as dez da noite. As estrelas, o noso obxectivo final, aínda non estaban no ceo, así que entramos na Aula da Natureza. Estaban connosco algúns homes da Asociación Astronómica de Ourense, a quenes podemos atopar na rúa Celso Emilio Ferreiro, número 27, ou en
www.astrourense.org.



Comezamos a falar de estrelas, galaxias e constelacións, a supernova do Sol, e tamén a ler os textos que as nosas profesoras nos prepararan nas libretas, que por suposto, ían todos sobre as estrelas. Patricia, de 4º, atreveuse cun texto en francés, do Principiño, e Emma, moi amablemente, porque a maioría non pillamos nin papa, traduciúnolo ao galego.
Noemi e Yaiza leron un texto da filla dunha estrela, e así moitas colaboracións máis (non me podo acordar de todos, síntoo  ).
Jose (creo que era Jose), o que estaba dentro connosco, facíanos preguntas, pero a noite xa caera sobre o Miño, e a xente estaba demasiado impaciente como para contestar. Así que saímos.

 

Fóra, vimos a Saturno (os aneis víanse), a Lúa, un sistema solar de catro soles (ata neso temos que ser raros, nós so temos un!!), un cúmulo globular e á estrela Antares (estrela xigante vermella, a máis brillante da constelación de Scorpio).
Outro dos astrónomos que estaban connosco ensinounos a usar o telescopio. O maior problema foi que por vagancia, non o colocou como tiña que facelo (mirando á estrela Polar), e cando buscamos a Arturo (xigante laranxa, terceira estrela máis brillante do firmamento, e situada na constelación de Boyero), apuntou ao pobre de Dani (González, 2º ESO A).
Pouco despois voltamos dentro e lemos algún que outro poema feito por Milagros e unha servidora (creo que prefería a supernova do sol a lelo en público, pero bueno...) e con máis poucas ganas, despedímonos e voltamos a casa.
No autobús fomos falando das trolas que lles contaramos aos nosos pais,de que tal o pasaramos, e tamén lle cantamos un pouco a Almudena o "Tenía tanto que darte" (se a vedes por un corredor cantádello, xa veredes como se alegra).



Despois de deixar na Alameda e na Avenida de Zamora aos profes e a algúns alumnos, voltamos á Valenzá, que xa era hora de volver a casa, que pasaba da unha da mañá.
Agora chega a parte subxectiva, da que cada un pode pensar o que queira. Persoalmente, pareceume unha gran experiencia que repetería as veces que fixese falta, porque aparte de disfrutar un rato, axudoume a aclarar algunhas dudas (quizais nun anos teñades nos contactos do móbil a unha astrofísica), e a ver as cousas doutra maneira. Porque me axudaron a coñecer un pouco mellor o que nunca coñeceremos.
Esta experiencia, axudoume a saber que aí arriba, no ceo, hai alguén que sempre vai a estar aí, pase o que pase, faga o que faga. Que xamais nos van fallar. Quizais agora Andrómeda, Scorpio, Antares, Arturo, Vega, Vía Láctea, Lúa... sexan algo máis que estrelas, constelacións ou galaxias. Quizais, por esta vez, sexan unha parte de vós, que está moi lonxe, pero sempre aí.
E que por esta vez, a luz das estrelas brille por sempre no voso corazón.
Porque non hai que estar ao lado de alguén para axudalo, basta con que esa persoa sinta que estás con ela. 

Moitas grazas aos membros da AAO, pola fantástica charla que nos deron, aos organizadores/as da excursión, e grazas a todos os que estivestes alí. Pero sobre todo temoslle que dar as grazas ás dúas profesoras organizadoras, Almudena e Paloma.
      
      ALMUDENA                 PALOMA
 

Espero poder repetir convosco outra charla como esta. Para non esquecernos, que ademais das estrelas, hai persoas aí. Para sempre.


Texto: Nerea Dasilva (2ºESO A)
Imaxes: Adrián Bande (2ºESO B)





Añadir comentario acerca de esta página:
Su nombre:
Su dirección de correo electrónico:
Su página web:
Su mensaje:

 
  Ya tenemos 19154 visitantes¡Aqui en esta página!  
 
=> ¿Desea una página web gratis? Pues, haz clic aquí! <=